CACHALOTAURO:
Non é un grupo de rock, Cachalotauro é unha corporación, un grupo de empresas que fabrican o teu producto preferido, o Rock de Estadios. Sempre cotizan á alza, Cachalotauro é unha inversión segura.
Ademáis Cachalotauro sírvese dun profundo entramado de sectas ocultistas para proclamar a súa mensaxe de [CENSORED].
Cachalotauro, o mellor grupo de rock de tódolos tempos.
Cachalotauro, a túa marca de confianza.
https://www.facebook.com/Cachalotauro
ATLANTIC VALLEY
En 2011, catro dos mellores homes do rock vigués que formaban un comando, foron encarcelados por un delito que non cometeran, non tardaron en fugarse da prisión na que se atopaban recluídos. Hoxe, buscados todavía polo goberno sobreviven coma rockeiros de fortuna. Sei ten vostede algún problema e os atopa, quizáis poda contratalos... Atlantic Valley.
https://www.facebook.com/
PINCHADA STONER
Despois da actuación destes dous grupos de bastardos, a velada rematará cunha fermosa pinchada de Stoner, Doom e Sludge que fará as delicias dos asistentes.
APERTURA DE PORTAS
Sábado 16 de Novembro ás 19:30
PREZO
4€



















